Vieiro informou dos seus programas ás orientadoras dos IES de Carballo

Reunion de Viero coas Orientadoras do IES Carballo Interesante reunión a que mantiveron as orientadoras dos institutos de Carballo a pasada semana na Asociación Vieiro. Co ánimo de intervir na preveción de condutas aditivas e formación, a entidade intivou ás orientadoras dos IES do Municipio de Carballo: Dna Pilar Seoane do IES Parga Pondal, Marta Martínez do IES Monte Neme e Cristina Baldomir do CPR Artai para ofertar as propostas preventivas da asociación nos ámbitos escolar e familiar a todos os centros de ensino secundario e poñelas a súa disposición. As profesionais de Vieiro informaron dos servizos preventivos no ámbito educativo inclúen intervencións educativas co alumnado a través dos seguintes programas: - Saúde na escola - Non pasa nada. Pasa algo? Intervención Socio-Educativa na Aula - Programa: Constrúe - Programa: Constrúe o teu mundo - Saúde na escola - Programa: Habilidades Socio-Emocionais - Programa: Na horta cos meus amigos - Programa de educación afectivo – sexual Ámbito familiar: - Escolas de Pais/Nais - Familias con fillos/as con primeiros consumos - Familias con fillos/as con problemas de conduta  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-escola-de-pais-e-nais-de-vieiro-arrincara-en-novembro/ https://quepasanacosta.gal/vieiro-xa-imparte-os-seus-cursos-de-habilidades-sociais-nos-colexios-de-carballo/