Vieiro recibe dúas importantes subvencións da Consellería de Sanidade para dous proxectos de prevención de condutas adictivas

CONSELLERÍA DE SANIDADE SAN LÁZARO 11,30 h.- O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, asinará os convenios de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven programas de incorporación social para pacientes con trastornos adictivos. No acto tamén participarán o director xeral de Integración e Innovación Asistencial do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva. Na sala 3.2 (terceiro andar). Haberá declaracións aos medios Foto Xoán Crespo

Novo convenio da Asociación Vieiro coa Consellería de Sanidade para a aprobación de dúas subvencións. Unha subvención, da Dirección Xeral de Saúde Pública (Servizo de Prevención de Condutas Adictivas), financiará proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por organizacións privadas sen ánimo de lucro que traballan no ámbito da prevención durante o trienio 2025-2028. A outra subvención, da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria (SERGAS), financiará o PAXS (Programa de Apoio Xurídico e Social).

Proxectos de prevención de condutas adictivas

Ademais, a Asociación Vieiro recibe unha subvención da Dirección Xeral de Saúde Pública a través do Servizo de Prevención de Condutas Adictivas. A subvención, outorgada en réxime de concorrencia competitiva, está destinada á posta en marcha de programas con fins sociosanitarios, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que levan a cabo o seu traballo no ámbito da prevención na Comunidade de Galicia durante o trienio 2025-2028. A cantidade concedida á Asociación Vieiro para o proxecto presentado para estes tres anos ascende a 134.344,20 euros.

Asistencia sanitaria

A sede da Consellería de Sanidade de Galiza en Santiago de Compostela acolleu o xoves 23 de xullo a sinatura do convenio entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Vieiro. O acto estivo presidido polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e Almudena Díaz Pereira, subdirectora xeral de Atención á Saúde Mental. Representando a Vieiro estiveron as Educadoras Sociais da organización, María José Dosil Parafita e Andrea Arán Loureiro, que asinaron o convenio para a posta en marcha do programa PAXS adscrito á organización. A cantidade asignada para este programa durante o ano 2026 é de 8.164 €.

O obxectivo principal deste convenio é renovar o servizo que a Asociación Vieiro leva anos prestando ás persoas con adiccións e ás súas familias, atendendo as reclamacións xudiciais pendentes, así como os procesos administrativos, civís e sociais, mediante a dotación dos recursos humanos e materiais necesarios.