Vieiro volve abrir as súas necesarias Escolas de Familia

Unha das primeiras sesións destas Escolas de Familia

Os bebés non veñen con manual de instrucións. É unha das frases máis habituais das familias cando son pais primeirizos. E por iso a Asociación Vieiro desenvolve o seu programa da Escola de Familia baixo o título: “Pais e Nais non océano educativo”.

Ata maio iranse desenvolvendo os talleres por Lara Rodriguez das Heras e Miriam Romero Traba, arredor das habilidades sociais, disciplina positiva, normas e límites, resolución de conflitos, novas tecnoloxías ou coeducación.

Estas son as diferentes escolas que xa están en marcha e nas que te podes apuntar no teléfono 981756161 ou a través do Whatsapp 604075815 deixando o seu nome, número de teléfono e a escola á que desexe asistir.

  • No CEIP Nétoma-Razo, reunións mensuais na antiga escola de Nétoma-Razo en horario de 20:15 a 21:45 horas.
  • No CEIP Bergantiños, sesións semanais os martes en horario de 16:00 a 17:15 horas no propio centro. Tamén ese mismo día con periodicidade semanal comezou unha escola no centro social de Rus en horario de 19:00 a 20:30 horas
  • No Centro Social de Rus, os martes en horario de 19:00 a 20:30 horas.
  • En Vieiro (R/ Xazmíns, Nº 2), os xoves en horario de 17:15 a 18:45 horas a primeira sesión e de de 19:00 a 20:30 horas a segunda.
  • En Vieiro (R/ Xazmíns, Nº 2), tamén hai outra sesión os venres en horario de 19:45 a 21:15 horas.
  • O venres, día 16 de Decembro, comezará a Escola de Familia do Ceip Nétoma-Razo que terá lugar na antiga escola de Nétoma-Razo en horario de 10:00 a 11:30 horas. A súa periodicidade será mensual.