Vieiro xa imparte os seus cursos de habilidades sociais nos colexios de Carballo

Empezou outubro e a Asociación Vieiro estreou o Programa de Prevención Escolar nos colexios de Carballo. Os alumn@s de A Cristina, San Luís Romero, Fogar, Bergantiños, Gándara-Sofán, Canosa-Rus, Nétoma-Razo e Artai recibiron xa as primeiras sesións da man das formadoras e psicólogas da entidade. O programa de Habilidades Sociais "Constrúe" está destinado a alumnos e alumnas entre 10 e 11 anos comprendidos nos cursos 5º e 6º de Primaria, e está dividido en tres bloques: 1.- Acompáñote: consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais e ten como obxectivo fundamental: Proporcionar aos alumnos/as as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria 2.- Des-conecta: con 2 sesións que teñen como finalidade: Dotar de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable 3.- Ti elixes: no que se traballan 2 sesións a través das que se pretende Facilitar información sobre as distintas sustancias adictivas ás que os nenos/as podan tener acceso. O programa Constrúe levarase a cabo durante o primeiro trimestre do curso escolar 2018-2019. As sesión terán unha periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos cada unha e será impartido polas profesionais: Miriam Romero Traba (educadora social), Dalila Vizcaíno Pereira (pedagoga) e Patricia Rodríguez Villar (psicóloga).

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/vieiro-e-as-autoescolas-de-carballo-alonxan-as-drogas-dos-coches/