VOX confirma candidaturas en Carballo, Malpica e Coristanco
24 de abril de 2023 (15:38 h.)
O Comité Executivo Nacional de VOX ratificou a presencia de 3 listas na comarca de Bergantiños, así como os seus 3 candidatos.
O candidato á alcaldía de VOX en Carballo é o hostaleiro Manuel Gómez Eiroa, que xa foi presidente da Asociación Gastronómica da Costa da Morte, ou a Asociación de Hostelería de Bergantiños.
Javier Ferreiro, candidato de VOX á Alcaldía de Malpica, desenvolve a súa actividade no sector da construción, sempre ligado á madeira. Actualmente, é o xerente dun negocio dedicado á reforma do fogar.
E o candidato coristanqués José Manuel González Vázquez é Comandante de Artillería, vinculado ao mundo militar ata a súa xubilación.