Xa temos cartel do #SanXoán... feito en Valencia

Ata Valencia chega o certame do cartel do San Xoán de Carballo. Entre a vintena de propostas chegadas de toda España, a Comisión de festas escolleu este cartel feito polo valencián Sergio Iborra Colomer, que leva o premio de 450 euros patrocinado por Opticalia Enríquez.

O lume, as sardiñas, a maxia da noite meiga e mesmo os barcos de papel que baixan cada ano polo río Anllóns na Festa do Bosque forman parte do cartel.