3 ríos costeiros, un pouco máis limpos

Aínda non fixeramos balance da incidencia do Proxecto Ríos de ADEGA na Costa da Morte. Un informe que serve para analizar o estado de saúde dos ríos galegos, a través das inspeccións feitas polo voluntariado do Proxecto Ríos durante as campañas de primavera e outono de 2014.

Ata 260 kg de lixo recolleron os 22 voluntarios que traballaron na limpeza dos ríos Castro (Muxía), Rosende (Carballo) e Rego dos Muíños (Carnota), da man do Concello muxián, de Senda Nova e de Adega Costa da Morte.

Que lixo tipo de lixo sofren os ríos?

Como nos conta ADEGA, o lixo máis preocupante son os inertes (como os cascallos das construcións) que modifica de maneira moi importante o substrato das marxes, mentres que se os materiais non son inertes (aceites, pilas ou produtos químicos) pode ser causa de contaminación poñendo en grave perigo aos organismos e ás persoas que poidan entrar en contacto con eles.
Como é xa habitual, a maioría dos treitos inspeccionados presentan algún tipo de residuo, sendo os plásticos, cun 34% do total atopado (104 casos de 304), o lixo máis abundante nos treitos inspeccionados. As, latas, papel e vidro constitúen o 38%. É tamén preocupante a cantidade de voluminosos (entullos, pneumáticos, ferralla e electrodomésticos) que se atopan nun 21% do total. Outro tipo de residuo que aparece con frecuencia é o téxtil.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).