Venres. 13.12.2019
El tiempo

Limpando os grans de area

Limpando os grans de area

Máis de 40 persoas participaron esta fin de semana nunha nova limpeza da praia do Rostro, en Fisterra, organizada pola Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar – Armega) e o voluntario do Prestige Sven Schwebch. Unha xornada que contou coa colaboración do proxecto, Galicia en Cor – Rede de Reencontros 10 anos despois.

Dende hai unhas semanas un grupo de voluntarios e voluntarios decidiron unificar esforzos, para promover iniciativas medio ambientais, dirixidas non só aos máis pequenos da casa, senón a todos aqueles usuarios dos espazos naturais públicos.

Este sábado reuniuse o grupo máis numeroso de tódalas xornadas de limpeza anteriores. 43 persoas, de idades comprendidas entre os 3 e 70 anos, déronse cita nun dos areais máis emblemáticos da Costa da Morte tanto pola súa natureza Virxe, como polo seu histórico protagonismo en desastres ecolóxicos como o Prestige.

Máis de 20 sacos de lixo extraéronse dunha limpeza que durou preto de 3 horas, nas que se recolleron moitos plásticos, botellas e cordas, pero tamén se recolleron moitísimas galletas de chapapote.

O voluntario do Prestige, Sven Schwebch, considera que o chapapote que hai en Rostro, non pertence ao petroleiro afundido hai 10 anos, senón que pode corresponder a novos vertidos de calquera das 500 embarcacións que atravesan o corredor de Fisterra durante todo o ano.

Aprender xogando

Durante a xornada do 28 de xullo os preto de 10 nenos e nenas que participaron na recollida de lixo na praia do Rostro, tamén fixeron un mosaico con residuos no que representaron un peixe alimentado por produtos contaminantes, como tapóns de botellas, latas ou cordas. Segundo o presidente de Asoar – Armega, Luís Rodríguez o obxectivo é que os menores aprendan a respectar o medio ambiente e o fagan dende a diversión e a creatividade.

Despois do traballo de recollida, parte dos voluntarios e voluntarias compartiron un pic – nic na praia e gozaron dunha das paisaxes máis fermosas da Costa da Morte. Os máis pequenos puideron practicar surf, coas leccións de Sven, e facer voar cometas.

O colectivo xa está preparando unha nova xornada para o 9 de agosto.

Novas relacionadas

Máis novas

  • 135 alumnos recollen máis de 500 quilos de lixo dos areais da Costa da Morte.
  • Os veciños do Pindo fan de voluntarios e tamén limpan a praia.
  • Os surfistas limpan as praias que os concellos non coidan .
  • Os voluntarios que cambiaron a Costa

    Fonte

    Comentarios