A Etapa da Fin do Mundo da Vuelta 2013 subirá o Ézaro e rematará en Fisterra

O martes 27 de agosto a 4ª etapa de La Vuelta 2013 partirá de Lalín e rematará na fin do mundo, no Cabo Fisterra. E dado o éxito do ano pasado, o porto máis intenso da xornada chegará a 30 km de meta, co Alto do Mirador do Ézaro, porto de 3ª categoría.

Unha etapa que entrará na Costa da Morte dende Mazaricos, dende o PIno do Val, baixará por Paxareiras ata o Viso (Concello de Carnota), subirá cara o Ézaro para entrar en Fisterra por Estorde.

Confírmanse pois as novas de que Unipublic aposta por Galicia e pola Costa da Morte para os seus finais de etapa. Ademais da beleza das paisaxes, recoñecidas polos comentaristas e ciclistas de todo mundo, a intensidade do alto do Ézaro, e o simbolismo da fin do mundo, situarán á Costa da Morte como un puntos fortes da Vuelta.

Cómpre lembrar que La Vuelta é a terceira proba en importancia deste deporte e chega a máis de 150 países.

Aquí vemos unha foto da presentación de hoxe en Vigo, co presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, o director de La Vuelta a España, Javier Guillén, e o alcalde de Fisterra, José Manuel Traba.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).