A Raínha Lupa prepara un novo Mercado Ecolóxico en Quilmas

Recuperaron folgos os bravos da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa, refixeron o teito do invernadoiro que o nordés destrozara, e xa preparan un novo Mercado Ecolóxico para este domingo 14 de xullo de 2013.

Contarán coa presenza de postos de hortalizas frescas de tempada ecolóxicas das hortas galegas, artesanía e oficios artesáns e coa colaboración de asociacións que de cotío traballan polo medio ambiente e polo aproveitamento respectuoso dos recursos naturais.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).