A Vía Mariana, un novo Camiño Xacobeo en clave de romaría, unirá Braga e Muxía

Reunion do colectivo de xente que está a recuperar a Vía Mariana

A Vía Mariana pasa por ser a primeira gran ruta de peregrinación entre santuarios marianos de Galicia e Norte de Portugal, e unirá os santuarios de Braga e de Muxía. Un proxecto altruísta ideado por Luís do Freixo e José de Rísea que pretende un potente dinamizador económico e social das terras polas que pasa./p>

O fío condutor da “Vía Mariana” son as romarías tradicionais (vivas a día de hoxe en Galicia e Portugal) que conducen aos Santuarios de devoción Mariana, culto anterior á devoción xacobea.

Esta pasada fin de semana, ideólogos, especialistas, empresarios, historiadores… celebraron unha reunión a pasada fin de semana en Portugal, na Porta de Lamas de Mouro, Parque Nacional Peneda-Gêres, moi preto do Santuario da Virxe da Peneda.

A cita serviu para informar a sociedade da comarca (comunidades de montes, asociacións de veciños, culturais…) do traballo destes últimos tres meses, e contou coa presencia do FICS (Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago), da Federación Galega de Montañismo, da prensa e de Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), que están traballando conxuntamente para a posta en valor do patrimonio e a cultura do rural galego e norte de Portugal.

Futuro albergue na Via Mariana En Orbellido Vimianzo

Hai moitos avances nas zonas portuguesas, con recupracións de camiños, limpezas, homologacións de roteiros PRG. De feito, A Via Mariana atópase definida ao 100% e cartografiada practicamente nun 90 %.

Tamén destacaron o traballo na zona norte, desde Santiago a Muxía, levado a cabo polas Asociacións de Zas (Grandimirum) e Vimianzo (Baiñas non Camiño).

Ademais, informaron que o concello de Vimianzo converterá unha edificación en Orbellido para o seu uso como albergue.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).