A Vía Mariana, un novo Camiño Xacobeo en clave de romaría, unirá Braga e Muxía
 
           Reunion do colectivo de xente que está a recuperar a Vía Mariana
 Reunion do colectivo de xente que está a recuperar a Vía Mariana
A Vía Mariana pasa por ser a primeira gran ruta de peregrinación entre santuarios marianos de Galicia e Norte de Portugal, e unirá os santuarios de Braga e de Muxía. Un proxecto altruísta ideado por Luís do Freixo e José de Rísea que pretende un potente dinamizador económico e social das terras polas que pasa./p>
O fío condutor da “Vía Mariana” son as romarías tradicionais (vivas a día de hoxe en Galicia e Portugal) que conducen aos Santuarios de devoción Mariana, culto anterior á devoción xacobea.
Esta pasada fin de semana, ideólogos, especialistas, empresarios, historiadores… celebraron unha reunión a pasada fin de semana en Portugal, na Porta de Lamas de Mouro, Parque Nacional Peneda-Gêres, moi preto do Santuario da Virxe da Peneda.
A cita serviu para informar a sociedade da comarca (comunidades de montes, asociacións de veciños, culturais…) do traballo destes últimos tres meses, e contou coa presencia do FICS (Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago), da Federación Galega de Montañismo, da prensa e de Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), que están traballando conxuntamente para a posta en valor do patrimonio e a cultura do rural galego e norte de Portugal.
 Futuro albergue na Via Mariana En Orbellido Vimianzo
 Futuro albergue na Via Mariana En Orbellido Vimianzo
Hai moitos avances nas zonas portuguesas, con recupracións de camiños, limpezas, homologacións de roteiros PRG. De feito, A Via Mariana atópase definida ao 100% e cartografiada practicamente nun 90 %.
Tamén destacaron o traballo na zona norte, desde Santiago a Muxía, levado a cabo polas Asociacións de Zas (Grandimirum) e Vimianzo (Baiñas non Camiño).
Ademais, informaron que o concello de Vimianzo converterá unha edificación en Orbellido para o seu uso como albergue.
Novas relacionadas
- O camiño Fisterra-Muxía contará cunha nova sinalización a partir do outono.
- Estreada a Muxiana do Camiño por Brandomil.
- Muros xa saúda con “Bo Camiño” ca recuperación da Ruta Xacobea Ría Muros-Noia.
- Manuel Vilar: Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía: o perigo do éxito.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
 
       
       
             
             
             
             
         
           
          