Aparece o cadáver dunha cría de balea alibranca en Quilmas

Fotos de Plácido Trillo

O corpo sen vida dun xunivel de balea alibranca, duns 5 metros, apareceu varada na Praia de Corna Becerra, en Quilmas, Carnota.

Segundo as primeiras inspeccións oculares, a balea podería levar morta uns poucos días, pero botouna a terra a forte marexada desta noite. 

Un veciño da zona daba conta dela, e dende o Centro de Coordinación de Estudos de Mamíferos Mariños CEMMA, confirman que se trata dun exemplar xuvenil de rorcual alibranco.

Máis novas de fauna mariña