Asociacións de Carnota apoiaron a candidatura do Parque Natural Monte Pindo
30 de setembro de 2010 (20:10 h.)
Unha proposta dende Carnota
Abriu a charla Mario Maceiras, responsable comarcal de Galiza Nova, que tras agradecer a importante asistencia ao acto desmentiu rotundamente que a proposta non proceda da veciñanza, como se vén insistindo desde o Concello, pois xurdiu dunha dilatada serie de conversas de veciños pertencentes a diversos colectivos con membros de ADEGA. Asi mesmo, lamentou que o alcalde de Carnota non deixara claro o seu apoio ao parque natural, sementando así dúbidas sobre un proxecto que só pode achegar beneficios non só a Carnota senón a toda a Costa da Morte, ante o seu actual estado de abandono. A continuación enumerou as actividades que Galiza Nova vai desenvolver en breve para seguir divulgando e reivindicando a iniciativa, e anunciou que o BNG vai trasladala ao Parlamento Galego. De seguido tomou a palabra Martiño-Fiz López Lindoso, relator da proposta, biólogo e representante de ADEGA no Observatorio Galego da Biodiversidade, que expuxo detalladamente os aspectos técnicos que xustifican a declaración, e tamén as innumerables vantaxes que suporía a nivel ambiental e socio-económico para Carnota e o seu entorno. O propio Eirexas descubriulle aos veciños do Pindo a presenza do gato montés no Monte Pindo. Unha existencia que tan só coñecía un veciños, que o vira nunha ocasión, atropelado. Eirexas tamén relatou experiencias similares en Galiza e tamén no estado español, para rematar salientando que "é necesario o consenso de todos, veciños e axentes implicados, para lograr que a Xunta tome a determinación de iniciar os trámites que rematen convertindo o Monte Pindo no séptimo parque natural galego"."Debate estusiasta"
Segundo os organizadores a cantidade de preguntas de intervencións só corrobora "que a resposta veciñal ante o proxecto só se pode calificar de entusiasta".Máis información
- Grupo de Facebook: Parque Natural Monte Pindo.
- Grupo de Facebook: Na Defensa do Monte Pindo.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte debate sobre a creación do Parque Natural Monte Pindo.
- Propoñen a creación do Parque Natural Monte Pindo.
- O carballo anano do Pindo declarado "especie amenazada vulnerable".
- "Ao pé da Laxa da Moa", un novo libro sobre a tradición oral do Monte Pindo.
- Luis Lamela homenaxea aos "escapados" do Monte Pindo.
- II Encontro Monte Pindo: A Pedramar achegou o Monte ao Pindo.
- A imaxe da nevada: O Monte Pindo.
- O agora e o antes do piñeiral da Moa.
Novas informativas
- O Monte Pindo de Galicia e os grabados rupestres prehistóricos, por José Luis Galovart Carrera.
- Coñecendo as lendas históricas do Monte Pindo, por Jose Luis Galovart Carrera.
Fonte
- Nota de prensa de Galiza Nova - Costa da Morte