ASPAFIN desenvolve unha campaña para visibilizar as enfermedades relacionadas co aparato cardiovascular

aspafin

A ASPAFIN (Asociación Pacientes Finisterrae), está desenvolvendo un Programa dirixido a veciñanza, en colaboración cas diferentes Administracións. Este programa ten como finalidade e obxetivo visibilizar as enfermedades relacionadas co aparatoa cardiovascular e está dirixido á poboación da Comarca da Costa da Morte e os seus Concellos.

ASPAFIN presentará na 5ª Comisión de Benestar e Emprego, no Parlamento de Galicia, esta iniciativa que busca a implatación dunha Unidade de Rehabilitación Cardíaca e outros servicios relacionados.

Perséguese deste xeito, facilitar o acceso de persoas que sufran este tipo de doenzas, a unha millor accesibilidade, tendo en conta que na Comarca temos un Hospital de Referencia, o Virxe da Xunqueira que, por proximidade xeógráfica, fará máis doada a calidade de vida de pacientes que non precisarían de desprazamentos a outros hospitais.

Aproveitan para facer un chamamento para acadar unha rede de voluntariado, nos diferentes Concellos, para que dean a coñecer e por en práctica, un programa de rehabilitación, ca axuda da APP "Cardio Ángel".

Esta APP é unha ferramenta mui útil en caso de reanimación cardiovascular URXENTE, á espera dun profesional. Podes acceder a información a través do tfno. 881125110 ou en cardioangel.es