Atopan o cadáver dun home de Carnota que desaparecera en Kaiak
19 de xullo de 2020 (23:33 h.)
Dous helicópteros e tres embarcacións de Salvamento, buscaron durante esta tarde-noite de domingo un home que desaparecía no seu kaiak pola costa Carnota.
Arredor das 21:00h saltaba a alarma e numerosos medios rastrexaron a zona. Foi pasadas ás 22:30h cando un dos medios de Salvamento atopaba o cadáver, preto da illa Lobeira pequena.
Trátase dun home duns 45 anos natural de San Mamede.