Carnota abre o prazo de inscrición para un curso para maiores de manexo de aparellos dixitais

Abre o Concello de Carnota o prazo de inscrición para o Curso de Competencias dixitais básicas para maiores de 65 anos. Un curso totalmente gratis que comezará a partir de xaneiro, e que servirá para que os maiores aprendan a usar mellor o móbil, novas aplicacións, citas coas administracións…

Serán 3 semanas con outros tantos bloques de contido, que se desenvolverán durante a última semana de xaneiro e as dúas primeiras de febreiro, no Concello, en horario de luns a xoves pola mañá. O curso vén a través de Ara Formación, coa subvención da Xunta de Galicia e a Unión Europea.

Podes inscribirte no tlf 647459445 ou no Departamento de Cultura do Concello.