Carnota afiánzase como capital da lírica galega
A ópera faise forte en Carnota. Despois da edición do ano pasado, na que a música lírica quitouse a etiqueta de elitista, chega a segunda edición dun festival que achega a ópera e a zarzuela a todos os públicos
LiriCarnota presenta unha programación que combina divulgación, espectáculos familiares, percorridos musicais e unha gran gala con artistas profesionais en activo. Carnota volverá demostrar este verán que a ópera pode vivirse dun xeito próximo, accesible e integrado na paisaxe. A asociación LiriCarnota organiza unha nova edición do seu festival, cunha programación repartida entre os días 5, 6 e 7 de agosto que combina actividades gratuítas e un gran espectáculo final.
A programación inclúe unha conferencia divulgativa de Jesús López, un espectáculo familiar da compañía Diabolus in Musica, o percorrido musical 'Paseo Píloras Maxestuosas' por diferentes espazos emblemáticos do municipio e o Gran Evento na Horta de Ana, protagonizado por artistas profesionais da lírica en activo: Mª Luisa Corbacho, Vicenç Esteve, Manel Esteve e Jesús López.
As entradas para a gala do venres estarán dispoñibles en O Tinglado e na Libraría Chorima, na Praza de Galicia de Carnota.
Esta edición de LiriCarnota conta co apoio da Deputación da Coruña e do Concello de Carnota, cuxa colaboración resulta fundamental para seguir impulsando un festival que une música, patrimonio e territorio e que achega a ópera e a zarzuela a todos os públicos.