Carnota descubre a súa esencia a través dun completo programa de visitas guiadas
O Concello de Carnota quere dar a coñecer a súa esencia a través dun completo programa de visitas guiadas que se desenvolverá durante este verán e a través do cal os visitantes terán a oportunidade de explorar o rico patrimonio natural e cultural da zona.
Este é o calendario de visitas:
- 9 de xullo– Visita guiada por Lira
- 16 de xullo– Visita guiada á Moa (Monte Pindo)
- 23 de xullo– Visita guiada nocturna ao petróglifo das Laxiñas
- 30 de xullo– Visita audioguiada polo lugar do Pindo
- 6 de agosto– Visita guiada á Moa (Monte Pindo)
- 13 de agosto– Visita guiada nocturna ao petróglifo das Laxiñas
- 20 de agosto – Visita guiada por Lira
Para participar, é imprescindible realizar a inscrición previa a través do seguinte formulario . A inscrición debe realizarse antes do luns previo a cada ruta, ata as 12:00 h.
Cada visita guiada ten un custe de 3€ por persoa que se realizará na seguinte conta: ES84 2080 0334 8731 1000 0035 indicando o nome do/a participante e a ruta a que se inscribe, agás a visita audioguiada polo pobo do Pindo que se pagará en efectivo na Confraría do Pindo ao inicio da ruta.