Carnota e Laxe acollen este verán os cursos da campaña de vela da Deputación da Coruña

Imaxe do curso de Vela da Deputación celebrado en 2016 en Muxía

Os concellos de Carnota e Laxe (xunto cos de Porto do Son, Oleiros, Ares e Valdoviño) acollerán este ano os cursos da campaña de vela 2018 da Deputación da Coruña. Neles poderán participar rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos, ambas idades incluídas, pertencentes ao ámbito comarcal de cada un dos concellos que serán sede da actividade.

A rapazada interesada en participar nos cursos deben formalizar a inscrición no seu concello, entregando a ficha de inscrición que, a partir de mañá, pode descargarse da páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal/deportes), debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores dos solicitantes. A cota de inscrición será de 25 euros.

Para o Curso de Carnota, que se celebra do 9 ao 13 de xullo compre inscribirse entre o 1 e o 27 de xuño.

Pola súa parte, do 16 ao 20 de xullo tócalles aos rapaces de Laxe e comarca, e terán que inscribirse do 1 de xuño ao 4 de xullo.

Nos cursos, que terán unha duración dunha semana en quendas de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas), realizarase unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico da elaboración de nós mariños. A incorporación e regreso ás instalacións náuticas onde se desenvolverán os cursos correrá por conta dos participantes.

Fonte

  • Deputación.