Carnota estrea o seu Mural colaborativo da Cultura Mariñeira
Poñer en valor identidad eco mar do territorio é o obxecto da proposta de murais que o Galp Costa Sostible está realizando polos seus 9 concellos, entre os que están Muros, Carnota, Cee, Corcubión e Fisterra. Desta volta, a iniciativa de Cultura Mariñeira chegou ata Carnota.
Na natureza do este proxecto subxace o que os murais sexan participativos. Cóntase coa figura dun artista, neste caso Dr. Toy, quen sinala as liñas xerais do proxecto, imparte un pequeno taller aos mozos interesados para que coñezan os segredos da realización de murais e como conclusión, realiza os retoques finais; pero o labor central realízano os mozos que se apuntan ao proxecto.
No caso concreto de Carnota, os novos artistas foron Lucía Sendón, Aleixo Pérez, Zaira Otero Crepo , Kaleb Eron De Barkley Castro Oliveira.Sara Pérez, Kevin Mais, Xoel R. Riveiro e Rubén Fernández.
A nova obra, que ocupa un dos muros principais da Escola Municipal de Música de Carnota, é unha auténtica homenaxe á beleza do contorno. Coa maxia da creación artística, fusiona o día coa noite, facendo unha chiscadela ao mar de ardora, que se está a converter nun fenómeno que cada vez atrae máis xente a esta zona da Costa da Morte.
A xigantesca praia de Carnota asume gran parte do protagonismo, do que tamén participa o faro de Lariño, outro dos símbolos carnotáns.
A vexetación dunar tamén está amplamente recollida, porque se quere que este traballo represente a biodiversidade existente, o que nos leva a outro apartado importante: o mural está realizado cunha pintura fotocatalítica que é capaz de absorber as impurezas e elementos tóxicos do aire. Está comprobado que un metro cadrado pintado con esta pintura realiza unha función similar á dunha árbore.
Á inauguración da obra e colocación da placa identificativa acudiron varios dos novos artistas, o alcalde de Carnota, José Manuel Saborido; a xerente do GALP (Entidade organizadora), Manuela Oviedo e Pablo Castiñeira, que é o responsable de Vella Escola, entidade adxudicataria da iniciativa.