Carnota fai comunidade Regalando todo!

Regalamos todo carnota
  • Solidariedade, creatividade e sustentabilidade únense nun mercado onde todo se regala e onde o diñeiro non intervén, cunha pequena exposición de sensibilización sobre o aproveitamento dos recursos e un desfile de moda divertida con participación do público.

A cidadanía terá a oportunidade de participar nunhas xornadas dedicadas á solidariedade, ao consumo responsable e á creatividade sostible a través dun mercadillo donde se regala todo, que se complementará con diversas actividades de sensibilización ambiental e participación comunitaria.

O pavillón Lamas de Castelo de Carnota acolle unha nova edición do seu mercadillo Regalamos Todo, durante esta fin de semana do 4 e 5 de xullo.

As persoas asistentes poderán traer obxectos para compartir, levar aqueles que lles resulten de utilidade ou facer ambas as dúas cousas, sen necesidade de achegar nada a cambio. Ademais, poderán visitar unha pequena exposición divulgativa sobre a reutilización e o aproveitamento dos recursos dispoñibles, e participar nun desfile de moda divertida con prendas traídas da casa ou coas que poidan atopar no mercadillo.

"Con esta iniciativa queremos unir a tradición do troco coa reflexión sobre todo o que hai detrás de cada peza: horas de traballo, consumo de auga, enerxía e materias primas. Reutilizar e dar unha segunda vida aos obxectos permítenos aproveitar mellor estes recursos, evitar a xeración innecesaria de residuos e reducir a demanda de novos produtos, contribuíndo así a un modelo de consumo máis responsable e sostible", explican dende a organización.

Horarios:

  • 4 de xullo de 2026 de 11:00 a 20:00
  • 5 de xullo de 2026 de 11:00 a 19:00
  • 5 de xullo ás 17:30 h – Desfile.