Carnota ofrece unha completa programación cultural e de lecer para o verán

Xa está lista a completa programación que ofrece o Concello de Carnota para este verán 2025, para os meses de xullo e agosto, de todo e para todas as idades.

Hai de todo: rutas, festas, teatro de rúa, gastronomía, cine na rúa, contacontos, concertos...

 

Programa

Campamento dixital

Este ano descatan como novidade, un Campamento Dixital de Conciliación para a primeira semana de setembro, xa que case todas as programacións de verán rematan en agosto e os coles non empezan ata o día 8 de setembro.