Carnota pide un pantalán para o peirao do Pindo
18 de febreiro de 2020 (11:35 h.)
Segue pendente o Concello de Carnota das respostas de Costas ás peticións variadas sobre Lariño, Boca do Río ou O Pindo. Pero mentres, o alcalde Juan Manuel Saborido, “Moma”, segue pedindo, e onte mantivo unha reunión coa presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, para facer unha nova solicitiude.
Moma trasladoulle a intención Concello en contar cun pantalán no peirao do Pindo, unha solicitude que, tal e como lle expuxo a presidenta do ente público, será estudada para valorar a súa viabilidade dentro do proxecto que Portos de Galicia ten previsto realizar e desenvolver para a mellora de abrigo e do pantalán para embarcacións menores no Pindo.
Novas relacionadas
- Moma, alcalde de Carnota: “Unir o Monte Pindo coa fervenza do Ézaro ten que ser un ABC”.
- Carnota solicita a Costas axuda para manter as pasarelas, pide dúas novas sendas, e intenta axilizar o Hotel do Faro de Lariño.