Carnota pon en valor a singularidade do local na Mostra VíndemoVer
A praza de San Gregorio encherase de vida nesta Semana Santa. A VII Mostra de promoción local Víndemo Ver convertirá Carnota nun dos principais focos de atracción da Costa da Morte durante os días 29, 30 e 31 de marzo e 1 de abril de 2018.
Unha iniciativa municipal que dinamiza o tecido e o produto local, poñendo en valor a singularidade.
Haberá un mercado con moita gastronomía, produtos da horta da casa, produtos singulares xabóns, cervexa, animais de curral, plantas ornamentais, etc. Todo aderezado cun amplo abano de postos de artesanía e un completo programa cultural que mestura modernidade e tradición (varios concertos como os de Caxade, Ce Orques Pantasma ou o Mago Anton) con arqueoloxía.
Por se fóra pouca a proposta, engádelle un par de pizcas de deporte (Carreira Vikinga e BTT), e tes unha Mostra ben salgada.
Programa da Mostra Víndemo Ver de Carnota 2018
Máis información
- A mostra Víndemo Ver permitirá disfrutar dunha Andaina polo Museo Arqueolóxico Aberto de Carnota.
- Febreiro 18: A Semana Santa de Canota xa prepara a BTT e a Carreira Vikinga.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).