Carnota prepara un programa de Merendas de Contos
22 de setembro de 2021 (22:17 h.)
"Contos para Merendar" é o novo programa da Axencia de Lectura Municipal de Carnota de cara a este outono. UN programa pensado para as familias (con nen@s maiores de 4 anos) que encherán o mes de outubro.
Todos os espectáculos terán lugar no salón de actos do Concello de Carnota, ás 17.00 h, e a participación require inscrición previa a través de cultura@carnota.gal ou da Biblioteca, 981106331.
O programa arrinca o venres, 1 de outubro con O Señor do Castelo, de Sabela Gago
O venres, 15 de outubro, Talía Teatro trae Rosa Caramelo e outras historias.
Para o venres, 22 de outubro toca O arquivo do chibo, de Pablísimo.