Carnota presenta unha serie de Rutas para este outono

Durante os meses de outubro, novembro e decembro, o Concello de Carnota, sabedor do gusto por andar da súa veciñanza, organiza as seguintes rutas por Carnota:  

SENDA VERDE & SENDA AZUL
• Data: 22 de outubro.
• Ruta circular: con inicio e fin na antiga escola unitaria de Lariño.
• Hora de saída: 9:30 am
• Itinerario: A Gándara - Senda Verde - Martiaño - Lira - Hórreo de Lira - Mar de Lira - Praia de Lariño - Á Gándara.
• Distancia: 17 km

O PINDO & QUILMAS
• Data: 19 de novembro.
• Ruta circular: con inicio e fin no porto do Pindo.
• Hora de saída: 9:30 am
• Itinerario: Porto do Pindo - Onde se Adora - Porto de Quilmas - O Pindo - Porto do Pindo  Concello de Carnota
• Distancia: 12 km

SAN MAMEDE
• Data: 3 de decembro
• Ruta circular: Carnota - Senda Verde - San Mamede - Pedrafigueira - Nóutigos - Carnota.
• Hora de saída: 9:30 am
• Itinerario:   
• Distancia: 10 km

As inscricións serán de balde e formalizaranse a través deste formulario online.