A carnotá Sabela Siaba, nova xuíza de Vilagarcía, mentres o Xulgado de Corcubión recibe dous novos xuíces

Este pasado venres tiña lugar a promesa ante a Sala de Goberno dos catorce xuíces e xuízas destinados a Galicia procedentes da 70ª promoción da Escola Xudicial. Unha das protagonistas é Sabela Siaba, natural de Carnota, que pasa a ser ocupar a praza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº2 de Vilagarcía.

Na comarca, tomarán posesión Raquel López López, no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº2 de Corcubión, e Fernando Rodríguez Rivas, no nº1 de Corcubión.