Chega a Carnota o espectáculo “Xogar e aprender en galego Mola!”

O venres 2 de decembro, ás 17.30 h o salón de actos do Concello de Carnota acollerá o espectáculo "Xogar e aprender en galego mola!”, unha proposta de Deza Music, con música e xogos para público infantil e familiar, recomendada para nenas e nenos a partir de 3 anos.
A entrada é de balde e libre, ata completar a capacidade do local.
Esta é unha actividade promovida pola Rede de Dinamización Lingüística, dentro do programa FalaRedes, coa colaboración do Concello de Carnota.