As confrarías do Pindo e Muros rematan un proxecto de concienciación sobre o lixo mariño

Segue a confraría do Pindo facendo “cousas bonitas”. Esta semana remataba un proxecto conxunto coa confraría de Muros, de recollida de lixo mariño. Un proxecto que estivo en marcha durante 2021 e este primeiro trimstres de 2022, enfocado á formación, concienciación e limpeza de praias.

Un proxecto que estivo suvbencionado a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) para a recuperación da biodiversidade dos ecosistemas mariños.

Participou nos talleres moita rapazada das dúas vilas, pero tamén as mariscadoras e mariscadores, outras das grandes protagonistas do noso mar.

Os talleres comezaban con limpezas nas praias, coídos e boleiras, convertindo o lixo en crebas para rematar nas instalacións do pósito creando pezas artísticas reclcladas.

Sesións cos profesionais
Xornada medioambiental con eterno voluntario Sven
Limpeza de lixo durante o verán