De procesión pola Costa da Morte, en imaxes

Procesion do Santo Encontro na Semana Santa de Fisterra-Foto-Jose Fernando Carrillo Xa fixemos un repaso na completísima #AxendaCostadaMorte polas Semanas Santas máis singulares da bisbarra. Co tempo en proceso de melloría ao longo do sábado e do domingo, aínda quedan moitas citas na Semana Santa de Fisterra (atentos a esa simbólica teatralización da Resurrección fisterrá, onde ademais comezan as paganas Festas do Cristo), ou na de Corme, pero antes facemos un repaso, en imaxes, polo xa vivido.

Semana Santa de Fisterra

Santo Encontro na Semana Santa de Fisterra-Foto-Ferando Carrillo
Semana Santa de Fisterra-Foto-Jose Fernando Carrillo
Desencravo da Semana Santa de Fisterra-Foto-Barca Caamaño
Desencravo da Semana Santa de Fisterra-Foto-Jose Fernando Carrillo

Rosario da Boa Morte de Laxe

https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10156099619407177/?t=4

Parroquia de San Vicente de Vimianzo

Singular o Santo Encontro da Parroquia de San Vicente de Vimianzo, que se tivo que celebrar no interior do templo parroquial debido á choiva.
Desencravo da Semana Santa de Fisterra-Foto-Barca Caamaño
Santo Encontro da Parroquia de San Vicente de Vimianzo

Máis citas

En Coristanco celebran as Festa de Santa Minia este domingo 1 de abril, primeiro domingo de pascua, na igrexa parroquial de San Mamede de Seavia e no santuario de Santa Minia. A procesión sairá ás 13:00h. Mentres, por Carnota celebran os Remedios Novos de Lira, unha vez rematada a semana Santa. A festa máis coñecida da parroquia liracha, celebra dúas xornadas de festa, a primeira o martes de pascua. O mates hai misas e procesión ás 13:00h, amenizada polo grupo de gaitas Peta Forte, e despois sesión vermú e verbena. A festa continúa o sábado 7 de abril, co dúa forte.
O primeiro martes de pascua volven os Remedios Novos de Lira

Novas relacionadas

</ul

Fonte

    • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).