Dous atropelos en Carnota e Camariñas nesta tarde de xoves
25 de xaneiro de 2024 (20:50 h.)
Tarde accidentada na comarca, con dous atropelos.
Un tivo lugar no Pindo, cando unha señora que ía a misa e estaba cruzando dende o paseo polo paso de peóns, foi atropelada por un vehículo. Afortunadamente, a persoa que conducía ía despaciño, pollo que o atropelo non foi grave.
Paralelamente, en Camariñas, Garda Civil, e Protección Civil necesitaron tamén da presenza da ambulancia por outro atropelo.