Dous irmáns de Quilmas lanzan o Premio máis grande de Galicia

Luis e Fernando Costa Larrauri en Santiago con El Premio de tu Vida

Levaban moitos anos falando de facelo. Lembran tomando un café en Vegadeo cando viron unha cesta das que se sortea por Nadal, e se preguntaron como sería preparar un sorteo pero ao grande. Googleando un pouco descubriron que polo sur da península é máis que habitual pero que no norte non había nada.

Pasou o tempo, unha pandemia polo medio, e este ano decidiron tirarse á piscina. Son Juan José e Luis Fernando Costa Larrauri, dous emprendores natos, naturais de Quilmas, con negocios do sector farmacéutico e de alimentación en Compostela. E precisamente en Área Central é onde están desenvolvendo este singular sorteo El Premio de tu vida da man da súa marca Kilmas JL SL.

”O sorteo máis grande de Galicia” faite soñar pois con 6 euros poderás gañar un premio valorado en 120.000 euros a un único acertante e con impostos pagados.

O afortunado levará dous coches: un Mercedes C200 (57.326 euros) e un Mitsubishi ASX 130T (26.240 €); dñuas viaxes ao Caribe e ao Mediterráneo (valorados en 5.000€ cada un); un lingote de ouro de 25G, unha bici, un iphone, unha play5…

O sorteo realizarase co número gañador da Lotería Nacional o 16 de decembro de 2023. Tes toda a info en elpremiodetuvida.es.