Envían ao Seprona a controlar unhas galiñas sen censar en Caldebarcos

Ocas e patos na granxa de Caldebarcos

”Non nos fagas vir de Noia ata Caldebarcos a contar galiñas”, espetáronlle dous Gardas Civís do Seprona a un veciño de Caldebarcos. Os membros da Benemérita achegábanse despois dunha denuncia a casa de Alfredo Cambeiro por, supostamente, ter unha granxa ilegal de aves, mesmo con algunha exótica. “4 galiñas, 3 ocas e 6 patos, contade contade”, espetoulle o propietario.

”Censo de galiñeiros legais? Quen os ten? Iso é Galicia, non Alcobendas”, lamenta un Cambeiro que asegura que a denuncia vén dende o Concello carnotán por temas persoais. Cambeiro, coñecido na zona polo seu papel como adestrador nas ligas da Costa, estivo afectado por varios polémicos despedimentos no Concello en 2015.

”Para os poucos que apostamos polo agro… É triste que nos veñan enriba”, explica Cambeiro.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).