A escola Hannon’s Artes e Benestar de Carnota presenta o seu recital de ballet de fin de curso
Chega o fin de curso, e con el as acuacións para as familias. Así acontece na escola Hannon’s Artes e Benestar, dirixida por Paige Hannon, en Carnota, que ofrece o seu recital de ballet de fin de curso.
Paige Hannon, bailarina e profesora estadounidense afincada en Carnota desde hai tres anos, conta cunha ampla traxectoria profesional internacional. Ao longo da súa carreira participou en distintos proxectos vinculados ao mundo da danza e do espectáculo, incluíndo experiencias en Disney en Orlando, California e Hong Kong.
Este sábado 6 de xuño ás 12:00 horas terá lugar o recital de clausura do curso 2025-2026, no que participarán alumnas de diferentes idades da comarca. Trátase dunha actividade cultural e educativa que fomenta o desenvolvemento artístico das nenas, dinamiza a vida cultural local e reflicte o traballo realizado ao longo de todo o ano.
O evento celebrarase no Auditorio Municipal do Viso e será presentado por Xur Trillo.