Falece un dumbriés nun accidente laboral en Quilmas

Eran as 18:30 da tarde de onte cando un operario dunha empresa de construción, un dumbriés duns 40 anos, perdía a vida ao caer dende o tellado dunha piscinfactoría en Quilmas, parroquia do Pindo, en Carnota.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia pasou o aviso a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil. Os efectivos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do varón.

Fonte

  • AXEGA.