As fotos mariñeiras de Carnota teñen premio

Este xoves tivo lugar a entrega do III Concurso de Fotografía Mariñeira do Concello de Carnota. O xurado entregou varios premios, recibindo o primeiro o “O faro e a lúa”, de Carlos Castro Abeledo. O segundo foi “Barullo na Insuela ”, de Manuel Alvedro Silveira; e o terceiro para “Senda esmeralda al olimpo”, de Jose Antonio Blanco Insua.

O premio do áccesit á mellor fotografía de autor local foi para “Lobeira entre alas” de Quino Pais.

Xa podedes velas na Exposición online que hai na web municipal.

 

Outros eventos

O Concello tivo que suspender o Festival mar de Pedra previsto para esta vindeira vin de semana.