O Gran Fondo Ézaro supérase a si mesmo
Éxito sen paliativos o do Gran Fondo Ézaro 2018, coa mellor marca histórica de participación e cunha organización absolutamente impecable. 1.400 ciclistas demostraron que o deporte ten un potencial social tremendo e o evento ciclista que organiza cada ano o Concello de Dumbría así o demostra, sendo ademais un atractivo turístico indiscutible para a bisbarra.
Máis alá dos resultados (xa poden consultar os resultados completos) esta foi a cita máis internacional, no primeiro ano que a proba conta coa designación por parte da UCI Gran Fondo World Series como proba puntuable para o mundial de Varese (Italia), a única de España incluída na lista deste organismo internacional, que selecciona para iso só a unha veintena de probas en todo o mundo.
As estampas do abao multiculor polas estradas da bisbarra quedan para a lembranza de moitos veciños e afeccionados de toda Galicia que se achegaron ata a zona para disfrutar deste espectáculo deportivo. Ademais o día acompañou e permitiu que a proba pasase con normalidade polos concellos de Dumbría, Muxía, Muros, Cee, Carnota e Mazaricos, tendo o seu punto forte no ascenso do 'muro dos muros', a subida ao Mirador de Ézaro, co seu impresionante desnivel, que un ano máis supuxo reto e espectáculo a partes iguais.
Os máis rápidos
Os famosos
Mantendo a tradición de atraer ciclistas de renome internacional, e collendo a testemuña de referentes como Miguel Indurain, Alex Zülle, Claudio Chiapucci, Anxo Casero ou Tony Rominger, este ano o dorsal número 1 foi para o ciclista español Mariño Lejarreta, o Junco de Bérriz, ao que acompañou, co número 2, o galego Gustavo César Veloso. Lejarreta, aos seus 61 anos, fixo a ruta corta e chegou na 86ª praza.
Ademais, e entre outros coñecidos nomes deste deporte, o triatleta Javier Gómez Noya, que se alzou o ano pasado co mellor tempo no Gran Fondo Ézaro, regresou á cita e entrou de 21º, na que tamén participou o ciclista Carlos Sastre, cando se cumpren 10 anos da súa vitoria no Tour de Francia, e chegou de 105º na ruta corta.
O Gran Fondo Ézaro arrincou pasados uns minutos das 9,00 horas, co corte protocolario de cinta no que participou a secretaria xeral para ou Deporte da Xunta, Marta Míguez, e representantes de patrocinadores como Rede Eléctrica de España ou Ferroatlántica, así como dos concellos polos que transcorre a ruta e da empresa organizadora, EME Sports.
Novas relacionadas
- Gran Fondo 18: Lejarreta, Sastre, Gómez Noya e Iván Raña, primeiras espadas do #GranFondoÉzaro2018.
- Fitur 18: O Gran Fondo do Ézaro centra a presentación da Deputación no programa oficial da feira FITUR.
- Gran Fondo 18: O Gran Fondo Ézaro, única proba española na Gran Fondo World Series:
Deporte e Turismo
- Xaneiro 2017: O Turismo dumbriés medrou un 500% nos últimos 5 anos.
- Maio 2016: Cando a cultura e o deporte se convirten en motor económico.
Máis ciclismo en Dumbría
- Gran Fondo 2017: Gómez Noya demostrou o seu poderío vencendo o Gran Fondo e na Travesía a nado.
- Vuelta 2016: La Vuelta volveu subir o Formigón do Ézaro e deixar a súa pegada na Costa da Morte.
- Gran Fondo 2016: O Gran Fondo Ézaro-Costa da Morte reafírmase como referente nacional e como ideal reclamo turístico.
- Gran Fondo Ézaro 2015: Indurain e Chiapucci da man ata o Mirador do Ézaro.
- 2015: “O Mirador do Ézaro convírtese nun porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo”.
- Desafío 2014: A épica marcou un Desafío do Atlántico pasado por auga.
- Vuelta 2013: Volta a España con Final na Fin do Mundo.
- Desafío 2013: O tempo non foi Desafío abondo para o pelotón.
- Vuelta 2012: A Costa da Morte vibrou coa Vuelta.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).