Guía práctica para vivir o Gran Fondo Ézaro

Reunion de Seguridade para o Gran Fondo Ézaro Máis de 1.200 ciclistas (a mellor marca dende a creación da proba) protagonizarán este domingo 8 de xullo unha das citas deportivas máis importantes do verán. Entre eles atoparemos grandes nomes como Mariano Lejarreta, Carlos Sastre, Javi Gómez Noya ou Iván Raña. Chega o Gran Fondo Ézaro 2018, a única proba en España na lista da UCI Gran Fondo World Series.  

Cortes de tráfico

Celebrábase esta semana a reunión de seguridade, que deparou as seguintes conclusións sobre o tráfico. Posiblemente haxa retenciones na circulación das estradas da comarca e varios viales secundarios veranse afectados por cortes na circulación. A proba sairá ás 9:00 da zona da Cascada do Ézaro, para terminar sobre as 17:00 no Alto do Mirador do Ézaro. As poboacións de paso afectadas serán Cee, Muxia, Dumbría, Carnota, Muros e Mazaricos. As vías sobre as que se producirán retenciones de tráfico e os horarios das mesmas serán os seguintes: - AC-550, desde o cruzamento do Ézaro ata o cruzamento que leva a Muxia ao pasar Cee desde as 8:00 ata as 9:45. Dirección Muros, desde Ézaro, de 11:30 a 13:30. Desde o cruzamento de Ou Viso (Baixada de Paxareiras) ata Ézaro de 13:30 a 16:00 - DP-2303, sentido Muxía desde as 9:20 ata as 9:40. En dirección Dumbria, desde as 10:00 ás 11:00 - DP-3403, en dirección Dumbria, desde as 10:30 ata as 11:00 - DP-3401, en dirección Dumbria desde as 10:30 ata as 11:30 - AC-442, en ambos sentidos desde as 10:30 ás 11:30 - DP-3404, en dirección Dumbria desde as 10:30 ata as 12:00 - AC-552, produciranse retenciones de tráfico nas proximidades do punto kilométrico 77,300 na intersección dos viales AC-552, DP-3403 e DP-3401, entre as 10:30 e as 11:30. - AC-550, produciranse retenciones de tráfico nas proximidades do punto kilométrico 47,300 á altura do cruzamento que leva a Paxareiras, entre as 12:00 e as 14:30. - AC-400, produciranse retenciones de tráfico nas proximidades do punto kilométrico 85,200 na intersección co vial DP-5304, entre as 13:00 e as 14:45 Permanecerán pechados ao tráfico de forma temporal as seguintes vías secundarias. - Concello de Muxia, vial que dá acceso á zona de Vilariño, quedará cortado entre as 9:30 e as 10:00. - Vial sen denominación que une a AC-440 co punto kilométrico 3,300 da DP-2303 desde as 10:00 ás 10:40. - Concello de Dumbria, o vial que vai desde a Fábrica de Ferroatlántica ata o Cruzamento de Santa Uxía estará cortado desde as 6:00 ata as 19:00. - O acceso ao Mirador do Ézaro pola AC-550, estará cortado desde as 12:00 do venres día 6 para os autobuses e desde as 10:00 do sábado día 7 de xullo, ata as 18:00 do domingo día 8 de xullo para o resto de vehículos. Permitirase o paso a residentes e traballadores de forma regular. - A estrada sen identificar que une a AC-442 á altura do punto kilométrico 0,950 coa DP-3404 á altura do punto kilométrico 31,950. Acceso ao Cemiterio de Cores, estará cortada o domingo día 8 de xullo desde as 10:30 ás 11:30 - Concello de Muros, a estrada DP-5304 quedará cortada ao tráfico en sentido descendente, desde a AC-400 á AC-550 desde as 12:00 ás 14:30. É dicir non se poderá circular desde Paxareiras cara a Abelleira. - Concello de Carnota, quedará cortada ao tráfico o vial sen identificar, en sentido Carnota -Paxareiras, a circulación entre as 13:00 e as 15:30, o vial que une a AC-550 co alto de Paxareiras. A organización pon a disposición dos interesados o seguinte teléfono de información 662 34 69 27.

Para os deportistas

Día 7 de XULLO Apertura da Oficina Permanente de 12:30 a 14:30 e de 17:00 a 21:30 Día 8 de XULLO Apertura da Oficia Permanente de 6:30 a 8:00. Pechadura de entrada de participantes á zona de saída ás 8:30 Chamada á zona de saída ás 8:40 Presentación dos participantes invitados e formación de caixón de saída ás 8:45 Corte protocolario de cinta ás 8:55 Saída da marcha ás 9:00 Chegada estimada do primeiro participante da Ruta Curta ás 11:40 Chegada estimada do último participante da Ruta Curta ás 12:40 Chegada estimada do primeiro participante da Ruta Longa ás 14:00 Apertura da zona de comida ás 14:00 Chegada estimada do último participante da Ruta Longa ás 15:30 Entrega de premios e obsequios ás 16:00

Rutas e horarios

Ruta Corta do Gran Fondo Ezaro 2018
Ruta Longa do Gran Fondo Ezaro 2018
Rutometro Ruta Larga Gran Fondo Ezaro 2018

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/lejarreta-sastre-gomez-noya-e-ivan-rana-primeiras-espadas-do-granfondoezaro2018/

Máis novas

 

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).