Lira acolle un mercadillo para darlle outra vida ás cousas
Este domingo 13 de outubro, a Lonxa de Vella do Porto de Lira encherache de cachivaches e cousas lindas, no marco do novo mercadillo que artellan dende Alivava. Sven e Alicia prepararán a zona pra regalar e/ou trocar, todo tipo de cousas: roupa, calzado, xoguetes, pluches, libros, pelis… O que poidas reusar, poderás collelo e levalo, e se tes cousas que xa non lle deas uso pero que pesas que se poden aproveitar, lévaas para darlle outra vida.
Lembran que “O sector textil é un dos maiores causantes de contaminación química, producción de COz, traballo precario, etc. do mundo. Cada peza de roupa nova que se produce contribue a esta cadea problemática”. Por iso, “co mercadillo de regalar-intercambio e troco queremos unir costumes tradicionais (troco) coa concienciación sobre o aproveitamento de recursos valiosos (traballo, agua, enerxía, transporte, infraestructura, medio ambiente, etc. etc.) que contén cada peza e animar a reutilizar e aproveitar ao máximo estes valores xa existentes sen producir mais lixo/desfeitos evitando a producción de bens novos causando os problemas enriba indicados.”