Luís Lamela homenaxea aos "escapados" do Monte Pindo

Luís Lamela presenta un novo libro que se desenvolve no lendario Monte Pindo. Titúlase, "Escapado", e foi editado por Edicións Xerais de Galicia. Con este libro, o autor completa a triloxía sobre a guerra civil na A Costa da Morte. O primeiro leva por título "Pepe Miñones: un crimen en la leyenda", no ano 1991. Ao que lle seguiu "Crónica de una represión en la 'Costa da Morte'", no 1995.

Escapado

"Escapado" é unha novela histórica que recupera a aventura dos "escapados" do monte do Pindo e dos desertores fisterráns do exército franquista pasados ao exército republicano. O libro reflicte tamén importantes episodios que transcorreron no penal da illa de San Simón, nas frontes de guerra, no exilio e nos campos de exterminio nazis, entre outros, como foi o famoso secuestro e fuga do pesqueiro muradán "AS" dende as illas Lobeiras; todo iso, realidades irrefutables, un puñado de historias entrelazadas para vencer o esquecemento, retratando as sombras dos mortos ao borde do axuste de contas, e, finalmente, a sorpresa dun desenlace que non podemos desvelar...

Luis Lamela

O corcubionés Luis Lamela é un dos pioneiros na restauración histórica da memoria do franquismo e do antifranquismo en Galiza desde unha actividade investigadora que comezou no ano 1987. Ata agora leva publicados os seguintes libros:
  • 1.- Pepe Miñones: un crímen en la leyenda (1900-1936), no ano 1991, en Ediciós do Castro (2 edicións publicadas).
  • 2.- Foucellas. El riguroso relato de una lucha antifranquista (1936-1952), no ano 1.992, en Ediciós do Castro (6 edicións publicadas).
  • 3.- Inmolados Gallegos. Alexandro Bóveda, Víctor Casas, Telmo Bernárdez, Adrio Barreiro..., en 1.993, en Ediciós do Castro.
  • 4.- Crónica de una represión en la 'Costa da Morte', no ano 1.995, en Ediciós do Castro (2 edicións publicadas).
  • 5.- Estampas de injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión, en 1.998, en Ediciós do Castro (2 edicións publicadas).
  • 6.- A Coruña, 1.936. Memoria convulsa de una represión, no ano 2002, en Ediciós do Castro (2 edicións publicadas).
  • 7.- 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares, en 2005, en Ediciós do Castro.
  • 8.- Un monumento en el Campo da Rata. Razón y génesis, no ano 2.006, editado polo Ateneo Republicano de Galicia.
  • 9.- A represión da Masonería viguesa. Asasinados, encarcerados, extorsionados, depurados, exiliados, inhabilitados..., editado por Edicións A Nosa Terra no ano 2008.
  • 10.- Antonio Fernández Pita. Un alcalde fusilado por el franquismo, no ano 2008, editado polo Ateneo Republicano de Galicia.
Ademais da súa extensa bibliografía, colaborou tamén en periódicos e revistas especializadas como La Voz de Galicia ou El Ideal Gallego, Unión Libre ou Anuario Brigantino, participando tamén en charlas, congresos, seminarios ou mesas redondas sobre a temática da represión franquista e da guerrilla antifranquista en Galicia. Tamén e Asesor do Proxecto Inter-universitario As vítimas, os nomes, as voces e os lugares; e foi ademáis membro da Comisión Municipal de Aplicación da Memória Histórica, asesora da Comisión de Honores e Distincións do Concello da Coruña, para a retirada da simboloxía franquista na cidade. No ano 2006 foille otorgado o prestixioso galardón Faro Nerio pola súa actividade de recuperación da Memoria Histórica da Costa da Morte.