Luís Lamela homenaxea aos "escapados" do Monte Pindo
11:16 02/08/09
Luís Lamela presenta un novo libro que se desenvolve no lendario Monte Pindo. Titúlase, "Escapado", e foi editado por Edicións Xerais de Galicia.
Con este libro, o autor completa a triloxía sobre a guerra civil na A Costa da Morte. O primeiro leva por título "Pepe Miñones: un crimen en la leyenda", no ano 1991. Ao que lle seguiu "Crónica de una represión en la 'Costa da Morte'", no 1995.
Escapado
"Escapado" é unha novela histórica que recupera a aventura dos "escapados" do monte do Pindo e dos desertores fisterráns do exército franquista pasados ao exército republicano.
O libro reflicte tamén importantes episodios que transcorreron no penal da illa de San Simón, nas frontes de guerra, no exilio e nos campos de exterminio nazis, entre outros, como foi o famoso secuestro e fuga do pesqueiro muradán "AS" dende as illas Lobeiras; todo iso, realidades irrefutables, un puñado de historias entrelazadas para vencer o esquecemento, retratando as sombras dos mortos ao borde do axuste de contas, e, finalmente, a sorpresa dun desenlace que non podemos desvelar...
Escapado ![luis-lamela-escapado]()

Luis Lamela
O corcubionés Luis Lamela é un dos pioneiros na restauración histórica da memoria do franquismo e do antifranquismo en Galiza desde unha actividade investigadora que comezou no ano 1987. Ata agora leva publicados os seguintes libros:- 1.- Pepe Miñones: un crímen en la leyenda (1900-1936), no ano 1991, en Ediciós do Castro (2 edicións publicadas).
- 2.- Foucellas. El riguroso relato de una lucha antifranquista (1936-1952), no ano 1.992, en Ediciós do Castro (6 edicións publicadas).
- 3.- Inmolados Gallegos. Alexandro Bóveda, Víctor Casas, Telmo Bernárdez, Adrio Barreiro..., en 1.993, en Ediciós do Castro.
- 4.- Crónica de una represión en la 'Costa da Morte', no ano 1.995, en Ediciós do Castro (2 edicións publicadas).
- 5.- Estampas de injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión, en 1.998, en Ediciós do Castro (2 edicións publicadas).
- 6.- A Coruña, 1.936. Memoria convulsa de una represión, no ano 2002, en Ediciós do Castro (2 edicións publicadas).
- 7.- 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares, en 2005, en Ediciós do Castro.
- 8.- Un monumento en el Campo da Rata. Razón y génesis, no ano 2.006, editado polo Ateneo Republicano de Galicia.
- 9.- A represión da Masonería viguesa. Asasinados, encarcerados, extorsionados, depurados, exiliados, inhabilitados..., editado por Edicións A Nosa Terra no ano 2008.
- 10.- Antonio Fernández Pita. Un alcalde fusilado por el franquismo, no ano 2008, editado polo Ateneo Republicano de Galicia.