Lupe Blanco, a nova regueifeira de Bergantiños
21 de xuño de 2017 (20:41 h.)
Regueifando pola vida
Parece que leva toda a vida enriba do escenario pero apenas empezaba este ano. Lupe Blanco, é natural do Montecelo, en Coristanco. Ligada toda a vida ao folclore a través do baile e do cantar, sempre lembra aqueles regueifas que botaba o seu bisavó, "Blanco de Muiñoseco”. Lembra tamén ter visto aos míticos coristanqueses Fermín da Feiranova e Guillermo da Rabadeira, pero máis que nada na tele. “Sempre me fixo moita gracia o da regueifa”. Este ano botouse á rede, abrindo a páxina de Facebook Regueifando pola vida, e pouco a pouco botouse a rimar. “Moito é práctica. Fácil non é, pero sempre tes que pensar a última palabra que queres dicir, e despois que che rime o segundo verso. E claro, despois toda a retranca lle queiras dar, pero iso xa non é tanto de estudiar, ten que saír”. ”A primeira regueifa fíxena este ano en Cabana, cos maiores na Polafía, eramos 4 homes emais eu. A verdade non contaba de subir ao palco, pero me sentín moi cómoda. Despois fun ao Couto e volvín polo Festiletras”, apenas un trío de actuacións antes desta demostración de espontaneidade, improvisación e, claro, retranca. ”Cada vez saen máis rápido”, recoñece, e gusta de cantar cos grandes aínda “en competición”. “Non hai problema cos homes. Con Antonio e Suso de Xornes pasámolo de medo, están encantados de que xurdan novas xentes”, explica. Lupe fai tamén obradoiros, fixo en Coristanco emais na Universidade de Vigo con Josiño da Teixeira, gracias ao traballo da Asociación de Valadares. “É bonito traballar cos nenos, sería fantástico facer máis obradoiros”, pero recoñece que é unha pena que haia máis movemento de recuperación traducional polo sur, onde levan 20 anso traballando. “E mira que esta é a terra verdadeira de reguefeiros, é unha pena que non hai máis asociacións que coiden a regueifa, porque esta si é de verdade unha terra de regueifeiros”. Agora estase facendo famosa. “A xente xa te para pola rúa e di aquelo de aí vai a reguefeira”. O certo é que as redes sociais axudan a difundir e ademais cada xoves participa en Radiovoz nun anaco para sacar punta ás novas semanais.As dúas regueifeiras do país
O Futuro da regueifa
Sobre o futuro da regueifa, Lupe considera que “a xente ten moi bos recordos da regueifa”, pero recoñece que “é difícil, porque o primordial sería que houbese unha vontade por parte das institucións. Teríase que montar unha asociación oral como a de Valladares, ou algún concello que podería comezar a dar clases de regueifa, porque hai moita xente que nos pregunta por clases”. Apúntanos que polo Couto están mirando de comezar clases a partir de setembro. En todo caso apunta. “A regueifa como non ten idade, nunca se sabe. Onte nos Muíños, varios rapaces estaban sentados e eran capaces de armar unha copla e contestarche. Non só os nenos. E a maneira de aprender, é practicando. Despois empezas a ter vocabulario, palabras que ten facilidade de rima”. Agora tocará irmos ata Santiago, ao Festigal, o vindeiro 25 de xullo, onde Lupe e Alba María actuarán, entre outras, xunto ás Tanxugeuiras.Entrevista escolar
Aquí vos deixamos con esta entrevista que lle fixeron os rapaces do CEIP Xosé Pichel de Coristanco:
Regueifando antes de ir á Romaría dos Muíños:
https://www.facebook.com/1001950496537699/videos/1442331439166267/ Aquí podedes escoitala no recente pregón do día da Muiñeira en Carballo. https://www.facebook.com/1001950496537699/videos/1429016573831087/ Con Antonio de Xornes no CoutoNovas regueifeiras
- 2012: Caldebarcos rima nos Muíños unha oda ao millo.
- O Museo de Asunción abre por regueifa.
- De MZ a Baíñas: Regueifando con Fasido do Ribeiro.
- A Semana Cultural do IES de Baio: Moito máis que regueifa.
- O alumnado de Baio enreguéifase.
- A regueifa sigue viva no IES de Baio
- Coristanco di adeus ao seu último regueifeiro, Guillermo da Rabadeira.
- As Polafías da comarca de Bergantiños chegan ás escolas.
- Asunción Antelo: Coñecendo á voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal.
- E Rosalía tamén rendeu homenaxe a Fermín da Feiranova.
- A regueifa perde a Fermín da Feiranova, o máis antigo dos regueifeiros de Bergantiños.
- E a regueifa convertiuse en arte.
- Os Regueifeiros de Bergantiños volven á Escola e á Universidade.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).