Mazaricos, Carnota e Muros queren sacar proveito do seu monte
Moi boa acollida tivo a xornada organizada por AGACA en Mazaricos sobre aproveitamento do monte comunal, o que demostra o interese da veciñanza mazaricá por sacar rédito e por coidar o seu medio natural. Unha charla que contou con nomeados especialistas como o avogado Calixto Escariz Vázquez, experto asesor de comunidades de montes ou Higinio Mougán Bouzón, director-xerente de AGACA.
Na xornada participaron diferentes representantes de comunidades de montes de Mazaricos, Carnota, Lousame, Esteiro e Santa Comba e o peche da xornada foi presidido polo alcalde de Mazaricos Juan José Blanco Riveiro.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias quixo dar ideas sobre como crear emprego mediante o uso cooperativo no monte comunal, e puxo propostas realistas como a produción de mel, cogumelos, crianza de porco celta e explotación de Cabalo Pura Raza Galega.
Fonte
- Concello de Mazaricos.