Miguel de Lira, XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva

Foto: Erreguete

Xograr de Ouro do FIOT, Mestre Mateo, Cans, María Casares… non hai premio que se lle resita ao bo de Miguel de Lira. O actor carnotán acaba de sumar un novo premio ás súas vitrinas. O Concello de Padrón anunciaba onte que lle outorga o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva, pola súa interpretación en ‘Curva España’, do grupo Chévere.

O xurado reincide no papel de defensor da cultura e da lingua galega, así como promotor do teatro innovador con Chévere.

A entrega do premio está prevista para finais de outubro.