A Mostra Internacional de Cinema Documental "Mares da Fin do Mundo” marcha da fin do mundo

Cartel da 3ª Mostras do festival que se celebrará en Outes

Escapou da comarca a Mostra Internacional de Cinema Documental "Mares da Fin do Mundo”. Un festival que puxo de novo Lira, a Reserva dos Miñarzos, Carnota e a Costa da Morte nos mapas de todo o planeta. Un festival que se convertiu en, apenas dúas edicións, referente internacional da defensa e promoción da pesca sostible a través das artes visuais.

Pero as discrepancias entre o seu promotor, o director Marcos Gallego, e o Concello de Carnota, provoca que a terceira edición da mostra se celebre no Concello de Outes. Un Concello que non dubidou en acollela, e que comparte cofinanciamento coa Deputación.

Escapar ou deixar escapar?

Precisamente o financiamento é clave para entender a marcha da Mostra. Director e alcalde acodiron o pasado mes de xaneiro á Deputación á solicitar o investimento, que se duplicaba con respecto ao do ano pasado. Pero as necesidades do festival non chegaba coa axuda provincial (aprobada pouco despois), tal e como o director lle explicara ao Concello, polo que necesitaría unha achega municipal.

“O Concello sabía cal era o orzamento necesario desta 3ª Mostra. Non podemos arriscar, necesitamos asegurar para consolidar este produto único”, sinala Gallego, explicando a súa decisión de trasladar a mostra.

Para o alcalde, Juan Manuel Saborido non é que o Concello deixase escapar a Mostra, é que produtora decidiu marchar e “deixou colgado ao Concello”.

Gallego ofreceu tamén a Mostra ao Concello de Muros, pero a alcaldesa Inés Monteagudo aludiu que era un proxecto de Carnota e non quería meterse no medio.

NOVAS RELACIONADAS