Unha muller falecida ao sufrir un atropelo en Lariño

Esta pasada noite de martes 11 de outubro unha muller perdía a vida tras ser atropelada por un turismo na recta de Lariño. Eran as 23:00h cando se rexistraba o accidente. Pronto chegabans os técnicos sanitarios de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer para salvarlle a vida.

Tamén se achegaron o GES de Muros, Policía Local e da Garda Civil de Tráfico co fin de coñecer todos os detalles sobre o accidente.