As mulleres de Carnota volveron sustentar o mundo nas súas cabezas

Marisa, a filla dunha das protagonistas do documental "Memorias de vida en vivo”.

Tremendamente emotiva foi a presentación da tarde desre pasado martes 16 de xullo no Salón de Plenos do Concello de Carnota. O Consello da Cultura Galega realizaba a estrea mundial documental “Mulleres co mundo na cabeza. Os camiños do Pindo”, no marco da serie "Memorias de vida en vivo”. Un traballo audiovisual que pretende recuperar a memoria daquelas mulleres anóminas que foron cazadas por Ruth Matilda Anderson en 1924 unindo os mercados do Carnota e Cee a través do Monte Pindo.


Encarna Otero coas protagonistas

O acto comezou con dúas de Guadi Galego, cuia voz encandilou a toda a veciñanza que enchía o Salón de Plenos. Rosario Álvarez, presidenta do Consello, abriu o acto, e de contado deu paso á directora do documental, Encarna Otero. A histórica dirixente nacionalista deu paso ao máis emotivo momento da tarde, as sentídisimas e fermosísimas verbas de Marisa, filla dunha das protagonistas.

Porque as que poñen voz á peza documental son Olimpia Oreiro Formoso e Marisa Vázquez Oreiro, supervivintes daqueles tempos nos que as mulleres sustentaban o mundo nas súas cabezas, gañando a vida andando ducias de quilómetros todos os días levando leite e outros produtos pola volta.

Despois da proxección do documental, gravado enteiramente no concello de Carnota, Guadi volve lanzar a súa voz, antes de que as tres protagonistas recibiron unhas rosas ante as bágoas e os aplausos de todo o auditorio.

Novas relacionadas