A música lírica sácase a etiqueta “elitista” en Carnota
Poucos podíamos imaxinar que a música lírica fose a converterse nun elemento fetiche nunha vila da Costa da Morte. Pero a sensibilidade das xentes de Carnota está a conseguir que a lírica vaia collendo o seu espazo, deixando noites máxicas como as que se viviron a pasada fin de semana.
Todo comezaba o pasado verán cando Ana Isabel Martin Arnanz, unha muller de Mallorca, engalaba a horta da súa casiña de Vilar de Carnota, para acoller un concerto. Esa noite, nunha velada case que privada, nun sitio tan cuco, creouse unha áurea especial, e as voces de Pablo López, Maia Planas e o piano de Jesús López, namoraron a ducias de veciños. Apenas 3 meses despois, aló por outubro, quedaba configurada a Asociación LiriCarnota.
Un deses veciños que quedou prendado da lírica foi Xosé M. Rey, que seguiu a invitación que Ana deixara nun cartel posto na súa casa. Coma el, outros 70 veciños que hoxe xa forman parte da asociación, que nace para facer unha aposta máis estable para promover esta clase de música, e formular un pequeno festival.
A resposta foi fantástica, e o éxito das 3 propostas realizadas son “un empuxe para a directiva”. “Temos claro que se conseguimos consolidar o certame, vai ser diferencial, porque é algo moi orixinal, moi diferente a todo o que hai na Costa, é moi atractivo. Con diferencia de que sexas un ententido ou non”, explica Rey. Ademais, “a lírica casa moi ben coa noza beleza”.
Conferencia, espectáculo infantil e Gala
O programa comezaba o pasado día 6 cunha conferencia, moi necesaria para facer un traballo de achegamento e de conciencación, “quitando a etiqueta elitista”. Foi Pere Estelrich, xornalista especialista en música do Diario de Mallorca, o que falou dos “150 anos de Bizet”, na que foi explicando conceptos básicos da lírica, alternando con audicións. Unha sesión moi didáctica.
O día 7 tocaba espectáculo familiar, co título “Ópera Mag(G)estro" pola compañía Diabolus Música. Espectacular o barítino Pablo López, que converteu ao público nunha orquestra, enganchando á rapaza ao máximo.
A gran noite foi a Gran Gala Operística. A Horta do Vilar nº75 enganábase con detalles para convertirse no mellor auditorio do planeta. A Soprano Maia Planas, o Tenor Antoni Lliteras, o Barítono Pablo López e o Pianista Jesús López puñan os pelos de punta ás 200 persoas que ateigaron a horta, con moitas xentes de Carnota, pero tamén moitos veraneantes,e amantes desta música chegados dende puntos tan dispares coo Ferrol ou Viveiro. “A xente que vén, repite, porque é unha experiencia única, nun entorno máxico”, relata Rey.
Comezando con apoios
A entidade, nada o 5 de outubro de 2024, ten como único soporte financieiro as cotas dos socios, a venda de entradas e dous patrocinadores (Restaurante Fontevella e Cloud Formación). Pero a entidade contou coa colaboración das entidades locais que se envorcaron co proxecto. Tanto a asociación cultural Pedramar do Pindo, a A.C. Canle de Lira como a Chan das Lamas de Quilmas prestaron apoio material necesario para á organización da Gala Lírica. Tamén colaborou, con apoio loxístico o Concello de Carnota, gracias a unha sempre entusiasta (e máis se de música se trata, Ali Uhia.