O Pindo dende o punto de vista do Xeolodía

O vindeiro 8 de maio o Monte Pindo acolle as xornadas Xeolodía 16 na que se abre a participación a todos aqueles interesados en coñecer o macizo granítico do Pindo nunha visita guiada por xeólogos. O punto de encontro é ás 9 horas diante da casa do concello de Carnota.  Os interesados en participar poden obter máis información e anotase en xeolxia@udc.es. Os obxectivos desta xornada son amosarlle aos asistentes a ver dende o punto de vista da xeoloxía a contorna sobre a que se asentan as poboacións actuais; entender os efectos que teñen sobre a superficie os procesos xeolóxicos; divulgar o rico patrimonio xeolóxico e tomar consciencia da importancia da súa conservacións e dar a coñecer o traballo dos xeólogos e xeólogas. Esta xornada está coordinada pola Sociedad Geológica de España - SGE - e a Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra - AEPECT); orginzada pola organización Monte Pindo Parque Natural e a Universidade da Coruña e financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - FECYT-.

Novas relacionadas

Máis novas do Monte Pindo

Fonte